jueves, 13 de mayo de 2010

I PREbailando entre os toxos

Co fin de recadar fondos e escoller os grupos locais que participarán no I Festival bailando entre os toxos, compartindo cartel con Manolo Kabezabolo, Pito de pikasso, Comando Katana...

Neste I edición do PREbailando entre os toxos contaremos ca presencia de:

-Generación Perdida
-Belfastt
-Pirufláuticos and Monolo Gentelman Fachuso(representante)

Haberá barra con prezos populares

Organiza: ASOCIACIÓN FLOR DE TOXO

martes, 30 de marzo de 2010

Vídeo da Murga de entroido

http://www.youtube.com/watch?v=vM4ZlN6Q-_U

martes, 23 de marzo de 2010

Campamento Urbano concello de Riveira


Xa podedes anotarvos no Campamento urbano que organiza o Concello pola semana Santa, é totalemnte gratuíto, informádevos no Auditorio Municipal.

viernes, 5 de marzo de 2010

I FESTIVAL SOLIDARIO BAILANDO ENTRE OS TOXOS

O día 28 do mes de agosto a Asociación Flor de Toxo organiza o seu I festival benéfico. Pretendemos con esta actividade crear unha actividade anual na que destinar o 100% da recadación das entradas a un fin solidario. Nesta primeira edición destinaranse ao pobo saharaui, xa que consideramos que é digno e de xustiza, devolverlle algo a un pobo ao que tanto lle quitamos.
Por eso ao longo destes meses organizaremos uns concertos para recadar fondos para a organización do evento, se tes un grupo e ques colaborar nesta serie de concertos, de entre os participantes escollerase os que actuen no festival, podes escribir ao noso correo asociacionflordetoxo@gmail.com ou neste tuenti.

Os grupos que participen nesta serie de concertos recadatorios deberán aportar o material necesario, e non se pagará aos participantes, xa que é unha actividade solidaria.


Confírmase a asistencia de Pito de pikasso para o festival, grupo santiagués de punk-rock podedes escoitalos en www.myspace.com/pitodepikasso


confírmase a asistencia de komando catana, grupo de rap, www.myspace.com/komandocatana

sábado, 27 de febrero de 2010

Visita á casa da xuventude

Tras a visita ás instalacións da casa da xuventude, poidemos ver que presenta deficiencias na distribución de espazos conta con: oficinas de deportes e xuventude, ciber grstuíto, 2 zonas de albergue, 1 comedor, 1 lavandería e 1 aula de usos múltiples. Na reunión houbo moitas críticas por parte das entidades ao concello, porque consideramos que é unha casa que non é util para a xente de Riveira. Nós suxerimos que a casa conte con locais compartidos para as asociacións, un salón con sofás, xogos de mesa, futbolíns, billar, ping pong..., posibilidade de usar a aula multiusos como local de ensaio. Tamén imos propoñer que se cubra o patio interior para aproveitar ese espazo e que conte cunha pista deportiva no xardin.

As entidades voltaremos a reunirnos en 15 días para ver o borrador das Bases de Funcionamento, parécenos correcto que se acorde cas asociacións estas bases

martes, 23 de febrero de 2010

Presentación da Casa da Xuventude ás entidades locais

O xoves 25 de febreiro de 2010 o concello presentará e ensinará aos colectivos culturais, xuvenís e deportivos deste concello a Casa da Xuventude. Dende Flor de Toxo reclamaremos que este edificio conte cun salón con para reunirse a xente xoven, ordenadores con acceso a internet, local de ensaio para grupos musicais, locais par as distintas asociacións, e local onde impartir cursos, conferencias...

Quen somos?

Flor de Toxo nace a finais do ano 2009 porque considerabamos que era necesaria unha entidade que escoitara as demanadas reais da poboación máis xoven, formada por xente xoven e que traballara por e para a xente xoven.
Pretendemos ofrecer unha serie de actividades de interese, nas que mesturara a cultura, o deporte co compañeirismo e a ledicia.
Así nace este colectivo da man de 6 rapaces con moitas ilusións e gañas de traballar.

Se queres podes poñerte en contacto con nós a través de asociacionflordetoxo@gmail.com ou no tuenti podes buscar por Asociacion Flor de Toxo.