sábado, 27 de febrero de 2010

Visita á casa da xuventude

Tras a visita ás instalacións da casa da xuventude, poidemos ver que presenta deficiencias na distribución de espazos conta con: oficinas de deportes e xuventude, ciber grstuíto, 2 zonas de albergue, 1 comedor, 1 lavandería e 1 aula de usos múltiples. Na reunión houbo moitas críticas por parte das entidades ao concello, porque consideramos que é unha casa que non é util para a xente de Riveira. Nós suxerimos que a casa conte con locais compartidos para as asociacións, un salón con sofás, xogos de mesa, futbolíns, billar, ping pong..., posibilidade de usar a aula multiusos como local de ensaio. Tamén imos propoñer que se cubra o patio interior para aproveitar ese espazo e que conte cunha pista deportiva no xardin.

As entidades voltaremos a reunirnos en 15 días para ver o borrador das Bases de Funcionamento, parécenos correcto que se acorde cas asociacións estas bases

martes, 23 de febrero de 2010

Presentación da Casa da Xuventude ás entidades locais

O xoves 25 de febreiro de 2010 o concello presentará e ensinará aos colectivos culturais, xuvenís e deportivos deste concello a Casa da Xuventude. Dende Flor de Toxo reclamaremos que este edificio conte cun salón con para reunirse a xente xoven, ordenadores con acceso a internet, local de ensaio para grupos musicais, locais par as distintas asociacións, e local onde impartir cursos, conferencias...

Quen somos?

Flor de Toxo nace a finais do ano 2009 porque considerabamos que era necesaria unha entidade que escoitara as demanadas reais da poboación máis xoven, formada por xente xoven e que traballara por e para a xente xoven.
Pretendemos ofrecer unha serie de actividades de interese, nas que mesturara a cultura, o deporte co compañeirismo e a ledicia.
Así nace este colectivo da man de 6 rapaces con moitas ilusións e gañas de traballar.

Se queres podes poñerte en contacto con nós a través de asociacionflordetoxo@gmail.com ou no tuenti podes buscar por Asociacion Flor de Toxo.