viernes, 5 de marzo de 2010

I FESTIVAL SOLIDARIO BAILANDO ENTRE OS TOXOS

O día 28 do mes de agosto a Asociación Flor de Toxo organiza o seu I festival benéfico. Pretendemos con esta actividade crear unha actividade anual na que destinar o 100% da recadación das entradas a un fin solidario. Nesta primeira edición destinaranse ao pobo saharaui, xa que consideramos que é digno e de xustiza, devolverlle algo a un pobo ao que tanto lle quitamos.
Por eso ao longo destes meses organizaremos uns concertos para recadar fondos para a organización do evento, se tes un grupo e ques colaborar nesta serie de concertos, de entre os participantes escollerase os que actuen no festival, podes escribir ao noso correo asociacionflordetoxo@gmail.com ou neste tuenti.

Os grupos que participen nesta serie de concertos recadatorios deberán aportar o material necesario, e non se pagará aos participantes, xa que é unha actividade solidaria.


Confírmase a asistencia de Pito de pikasso para o festival, grupo santiagués de punk-rock podedes escoitalos en www.myspace.com/pitodepikasso


confírmase a asistencia de komando catana, grupo de rap, www.myspace.com/komandocatana

1 comentario: